25 novos infectados por coroanvirus en Lugo

 Nas últimas 24 horas, os infectados en Lugo por Coronavirus foron 25, o que da un total de 558 persoas   contaxiadas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 4.926, deles 1.029 son da área da Coruña, 558 da de Lugo, 875 da de Ourense, 432 da de Pontevedra, 1.055 da área de Vigo, 694 da de Santiago, e 283 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 177 permanecen en UCI, 891 están en unidades de hospitalización e 3.858 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 531 altas de pacientes e 168 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 25.842.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com