3-1 Gran vitoria do CD Lugo ante o CD Numancia

O CD Lugo volvía na tarde de hoxe ao Anxo Carro para enfrontarse ante o CD Numancia.

O encontro comezaba co dominio do balón para os locais e con protagonismo especial para Pedraza, quen daría a asistencia para o primeiro gol da tarde, obra de Joselu, que remataba con precisión un centro cruzado desde a esquerda para inaugurar o marcador da mellor maneira posible.

Pouco ía durar a alegría no bando lucense, xa que tras escasos minutos, o CD Numancia conseguía o empate. Os de Luís César seguían probando a entrada por banda, e buscando a referencia e mobilidade dos seus dous dianteiros en posición adiantada. Caballero e Marcelo rozaban a vantaxe, e o CD Lugo enfilaba o camiño a vestiarios con sensacións inmellorables para a volta.

O inicio de segunda parte non podía ser máis esperanzador e positivo para os locais. A potencia de Marcelo Djaló na primeira xogada de estratexia do período, daría como resultado o gol da vantaxe para os de Luís César. A partir de aí, o control foi total para os locais, obrigando ao rival para encerrarse en campo propio.

Un remate de Campillo, que salvaría Munir en gran parada, sería o preludio para o terceiro gol do CD Lugo, que aumentaba a distancia co seu rival de maneira considerable. Unha nova entrada por velocidade desde a esquerda, un gran balón servido ao corazón da área, e Joselu, que sen opción a réplica, aproveitaba un erro de Callens para marcar o terceiro.

O conxunto de Luís César mantivo o dominio ata o final, logrando cadrar un encontro soñado, pleno de rigor, acerto en ataque, e contundencia na proposta de xogo. Tres puntos máis que serven de magnífico escenario para preparar a visita da SD Huesca a próxima semana, no último choque do ano.

 

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com