30 emprendedores comparten experiencia e solucións para mellorar os seus negocios

A trintena de emprendedores e emprendedoras que a día de hoxe están asentados no CEI Nodus do Concello, o que supón o 100% da ocupación, mantiveron hoxe un encontro de networking no que “se coñeceron entre eles, así como as fortalezas e debilidades do seu negocio, e compartiron experiencias e solucións, co fin de mellorar os seus proxectos empresariais”, tal e como subliñou a Alcaldesa, Lara Méndez, que participou na xornada, xunto á Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto.

Nunha primeira parte do encontro, cada un dos participantes presentouse a si mesmo e á empresa e nunha segunda, formáronse mesas de traballo cunhas temáticas en cada unha delas referidas aos inconvintes que teñen os emprendedores e empresas no transcurso da súa actividade diaria. Cada mesa, pola que pasaron todos os asistentes, contou cun moderador para dinamizar o debate e extraer logo as conclusións do mesmo.

Esta iniciativa forma parte da actividade do CEI Nodus, que, ademais da súa labor ordinaria, xa moi dinámica e intensa, desenvolverá nos vindeiros meses os oito proxectos relacionados co emprendemento que foron solicitados pola cidadanía nos Orzamentos Participativos, e que consisten fundamentalmente en accións formativas, de capacitación e asesoramento dirixidas á xuventude, mulleres, autónomos e Pemes co fin de implantar ou mellorar unha actividade empresarial a través das novas tecnoloxías, a innovación e a creatividade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com