30 operarios e 15 máquinas despexan de neve a rede viaria provincial

A Deputación mobilizou no día de hoxe, un total de 30 operarios e 15 máquinas para despexar de neve e xeo a rede viaria provincial para restablecer a normalidade nas estradas da provincia e garantir a seguridade dos usuarios. Polo momento, non se rexistran cortes viarios e a acumulación de neve e xeo oscila entre os 5 e os 10 centímetros. As máquinas que se están a empregar son 6 quitaneves; 3 pick up; 3 tractores e 3 vehículos de apoio con material mecánico.

As estradas provinciais nas que están a traballar son as seguintes:

Baleira: LU-P-0401 “De Corveira, por Corneas al Restelo”; a LU-P-0405 “De Fonteo a Lastra” e a LU-P-0407 “De Fontaneira por Vilar Dos Adrios”.

Folgoso do Courel: LU-P-1303 “De Seoane por Visuña a Ferramulín”; LU-P-4505 “Del Poio por Louzarela a Teixeira”; LU-P-5004 “De Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín”, e LU-P-1301, 1303, 1305, 1306, 5601.

Cervantes: LU-P-1401 “De LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial”; LU-P-1404 “De San Román a Quindós”; LU-P-1405 “De Campa da Braña a Tres Obispos”; LU-P-1411 “De Vilanova al Portelo”; LU-P-1412 “De Quindós a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”, e as LU-P-0702, 1401, 1402, 1403, 1404, 1406, 1407, 1408, 1409, 1410, 1411, 1412, 3505, 4505.

Fonsagrada: LU-P-1906 “De Pedrafitelas por Vilares a Os Cangos” e LU-P-3601 “De Acebo a Negueira de Muñiz”.

Incio: LU-P-2505 “De Foilebar, por Lamarredonda a Aira Padrón”, LU-P-1306 “De Megoxe a Herrería do Incio” e as LU-P-2501, 2502, 2503, 2504, 2505, 4706, 5711.

Navia de Suarna: LU-P-3501 “Paradela al Alto do Restelo”; LU-P-3502 “De Muñis a Rao”; LU-P-3508 “De Rao por Murias a Balouta”; LU-P-3505 “De Navia por Silvouta”; LU-P- 3509 “De Navia al alto de Labiadas”; LU-P-1901 “De Fonsagrada a Navia” e as LU-P-3503, 3505,3509, 3511, 3512.

Negueira de Muñíz: LU-P-3601 “De Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P-3602 “Del Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias”.

As Nogais: LU-P-3701 “De As Nogais, por Pintinidoira a la 4504”; LU-P-4503 “De San Pedro, por Busnullan y Vilasol a Nullan” e as LU-P-0707 e 3702.

Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504 “De Pedrafita al Portelo”; LU-P-4503 “De San Pedro por Busnullán a Nullán”; LU-P-4505 “De Louzarela por Queixadoiro a Filloval” e as LU-P-1301, 1304,4501, 4502.

Quiroga: LU-P-5001 “De Ponte Barreiro a Vilarbacú”; LU-P-5004 “De Cruz de Outeiro, por Seara e Ferramulín ao límite provincial” e as LU-P-5002, 5005.

Ribas de Sil: “De San Clodio al alto De la Cruz de la Moa”.

Ribeira de Piquin: LU-P-1906, 4606, 48092, 5401.

Samos: LU-P-5603 “De Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo”; LU-P-5601 “De Samos a Caurel y Rampa Sta. Mariña”; LU-P-1306 “De Megoxe a Herrería do Incio”; LU-P-5605 “De Parada, por Santalla a Ponte Louzara” e as LU-P-1306, 2503, 2507, 5602, 5604.

Triacastela: LU-P-3702 “De As Nogais, por Nullán a Lamas”; LU-P-6201 “De Triacastela, por Alto da Albela a Guilfrei” e LU-P-0706, 4505.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com