34 escolares da provincia premiados no certame de debuxo e redacción das Letras Galegas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria premiou a 34 escolares de toda a provincia no certame de debuxo e redacción convocado con motivo do Día das Letras Galegas.

A esta fase final chegaron 195 debuxos e redaccións que previamente resultaran gañadores nas respectivas fases locais desenvolvidas en diversos concellos. Ao respecto, cabe lembrar que este concurso está organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo en coordinación con outras 16 bibliotecas públicas da provincia.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, participará na entrega de premios que se desenvolveu esta tarde a partir das 18.00 horas, na Biblioteca Nodal de Lugo. Os galardoados recibiron un diploma e un lote de publicacións.

O certame convocouse nesta ocasión baixo o lema A revolución do cambio climático, reivindicando o rol das bibliotecas como aliadas na consecución da Axenda 2030: Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas. As bibliotecas lucenses colaboran con este concurso nos obxectivos da educación e sensibilización e da promoción da xestión sostible dos ecosistemas terrestres, propostos nesta estratexia da ONU.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo