400 rapaces participan en Mondoñedo no Campus de Baloncesto

O XXI Campus de Baloncesto levará a Mondoñedo 400 mozos de entre 8 e os 18 anos toda España, para participar neste evento deportivo que se celebra en dúas quendas: do 1 ao 8 e do 9 ao 16 de xullo.

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto á Alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia López, e o Concelleiro de Deportes do municipio mariñán, Manuel Tapia Rivera, presentaron esta mañá no Salon de Actos do Pazo de San Marcos este evento.

O Deputado explicou que se trata dunha iniciativa única que, ademais de promocionar Mondoñedo, contribúe a dinamización social, económica e deportiva desta cidade. Rivera Capón sinalou ademais que “colaboramos con este tipo de iniciativas porque as administracións públicas debemos apoiar e fomentar o deporte base. Cremos no deporte como un instrumento fundamental para inculcar valores tan importantes na sociedade como o compañeirismo, o esforzo ou a solidariedade, así como ámbito de vida saudable, ademais de ser un motor socioeconómico na provincia”.

 

Entre as actividades programadas nesta edición, destacan sesións de adestramento técnico e táctico, que complementarán con exercicios individuais. Ademais, terán clases de inglés, excursións, xornadas de praia e competicións de baloncesto, que se celebrarán en formato 3×3 e two ball. A programación desenvolverase nas instalacións deportivas da cidade de Mondoñedo.

En pasadas edicións, este Campus celebrouse noutros Concellos mariñáns como o de Ribadeo e o de Barreiros, ao que acudiron estrelas do baloncesto como Calderón ou David Doblas. Segundo adiantou Elena Candia, este ano espérase algunha sorpresa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com