" />

47 deportistas lucenses participarán nos XI Xogos do Eixo Atlántico

Os undécimos Xogos do Eixo Atlántico, que arrancan este domingo e continuarán ata o día 10 de xullo, contarán coa maior participación de deportistas das cidades do Eixo Atlántico nos seus máis de 20 anos de historia, atendendo ao ritmo de inscricións que se realiza.

En representación do concello de Lugo, participarán 47 deportistas nas modalidades de Baloncesto Masculino, Baloncesto Feminino, Futbol-7 e Atletismo Masculino e Feminino (pista e ruta).

Esta será a primeira vez na historia dos Xogos do Eixo Atlántico que tres cidades, Porto, Vila Nova de Gaia e Matosinhos, compartan a organización deste evento que se celebra cada 2 anos, desde 1995.

Porto acollerá as probas de Atletismo Cros. Pola súa banda, en Vila Nova de Gaia disputaranse as probas de Fútbol 7, mentres en Matosinhos celebraranse as de Atletismo en Pista e Baloncesto. Dende 1995 os Xogos do Eixo Atlántico están dirixidos á promoción do deporte, á convivencia entre os mozos, e tamén ao mellor coñecemento entre os cidadáns das dúas rexións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo