" />

500 inscritos no XXI Máster de Futbolín de Rábade co que colabora a Deputación

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Rábade, Francisco Xosé Fernández Montes, e o Concelleiro de Deportes, Alejandro Martínez Campos, presentaron este mércores o XXI Máster Nacional de Futbolín de Rábade, que terá lugar o xoves, venres e sábado. No acto tamén participou o Presidente da Asociación de Futbolín Bola Meiga, José Manuel Candal Barreiro. O organismo provincial colabora con esta asociación e co Concello de Rábade achegando 1.500 euros para facer posible a organización deste evento xa consolidado.

Rivera Capón subliñou que “o Máster de Futbolín de Rábade é unha cita que ano a ano logra atraer a un maior número de persoas, entre participantes e veciños da comarca que se achegan a presenciar un espectáculo único na provincia. Así, xa hai inscritos 500 xogadores de todas as comunidades autónomas españolas e, polo tanto, non me cabe dúbida de que esta vixésimo primeira edición será un novo éxito”.

Pola súa parte, Martínez Campos agradeceu “o compromiso e a colaboración do organismo provincial con esta cita” e lembrou que “como en anteriores edicións, haberá cinco modalidades de xogo e tres niveis, onde se repartirán 10.000 euros en becas deportivas. Ademais, haberá premios para todas as modalidades e camisetas de recordo para os participantes”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo