" />

60.500 euros de multa a un hostaleiro que atendía clientes de madrugada

A Policía Local de Lugo sancionou esta fin de semana ao propietario dun establecemento de hostalería da cidade que permanecía aberto e con clientes no interior cando pasada da medianoite do venres ao sábado. Asemade, enfróntase tamén a outra sanción por non abrir a porta aos axentes da Policía Local que se persoaron no lugar. En total, o home enfróntase a dúas multas que chegarían ata os 60.500 euros por non colaborar con axentes da autoridade e impedir a labor inspectora con agravante de reincidencia e por manter o local abero ao público máis aló das 6 da tarde.

Asemade, a Policía Local estableceu, a partir dese momento, un dispositivo na zona, e puideron comprobar como en torno ás 3 da mañá comezaba a saír xente do local e interceptaron a dous vehículos nos que ambos condutores deron positivo nas probas de alholemia. Ambos vehículos foron retirados ao depósito municipal.

Ademáis, segundo os datos da poliíca local, os dispositivos establecidos do 5 ao 7 de marzo en toda a cidade polo cumprimento da normativa covid, deu como resultado máis de 30 actas de denuncia.


Imaxe de arquivo cedida pola Policía Local

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Luis Díaz
    Mar 08, 2021 - 10:42 PM

    Periodismo é información, entón, quén era o taberneiro díscolo.

    Reply
    • Avatar
      Alba
      Mar 09, 2021 - 11:53 AM

      Xornalismo é información, e están informando. O que non é, é saltarse a Lei Orgánica de Protección de Datos para saciar o cotilleo semanal da cidade. Non si?

      Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo