60 rapaces participan na Festa de Emprendedores

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López e á Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias, Beatriz Varela Regueira, participaron na I Festa de Nenos e Nenas Emprendedores que tivo lugar este venres nos pasillos do Pazo de San Marcos. Deputación, Concello de Lugo e Mulleres Empresarias promoven esta iniciativa para fomentar entre os máis novos valores como o espírito emprendedor, traballo en equipo, talento, creatividade ou a solidariedade.

Na Festa de Nenos e Nenas Emprendedores, participan 60 nenos de entre 6 e 12 anos, con 24 mini-empresas, nas que poñen á venda diferentes produtos e pezas elaborados ou preparados por eles mesmos, por exemplo, doces ou pulseiras, cuxos fondos recadados serán destinados aos colectivos de Raiolas, Down Lugo, Protectora de animais e Parálise Cerebral. Para clausurar a xornada, o Mago Antón, realizou unha actuación de maxia para os nenos, no Salón de Actos da Deputación.

O Concello participa cun stand

A colaboración municipal consiste, por un lado, na cesión de aulas no Espazo Lab, no CEI Nodus, nas que os  nenos e nenas elaboraron xa este pasado fin de semana os seus produtos, e, por outro, na colocación dun stand na feira na que os participantes realizaron produtos relacionados coa Unión Europea e verán as vantaxes de intercambiar bens con outros países. Esta colaboración enmárcase na programación que o Concello organiza a través do centro de información europea Europe Direct-Lugo co gallo do Día de Europa, que se celebra o 9 de maio, e que incluirá diversas actividades infantís, ademais un concurso de fotografía, lectura dun manifesto, a interpretación do himno de Europa e o izado da bandeira.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com