734.126€ de multa para Lugo por non investigar o uso fraudulento dos camións de Urbaser

O voceiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, vén de denunciar esta mañá o que tildou de “mala xestión do goberno socialista” do 2008, que condenou ao goberno actual a ter que pagar máis de 734.000 euros á empresa Urbaser, de recollida de basuras.

Ameijide desvelaba hoxe o contido dunha sentenza de marzo de 2017 que deixa en evidencia estos problemas e pola que se condena ao Concello a pagar 734.126,23 euros a conta dunha factura que non se abonou en agosto de 2008 porque a frenou un informe do enxeñeiro municipal no que demostraba, con acta notarial, o uso indebido dos vehículos do servizo de recollida de lixo noutros concellos da provincia como o de Ribadeo. A pesares do informe do enxeñeiro responsable, o Concello non levou a cabo o expediente sancionador polo que a empresa continúa a reclamar o pago desta factura.

O popular explicou que segundo se especifica no informe do enxeñeiro de Medio Ambiente “destinar a fines u objetos ajenos al servicio público concedido, los materiales, vehículos y maquinaria adcritos al mismo” fóra do ámbito de actuación do contrato é unha infracción moi grave e precisamente, neste informe o funcionario responsable do contrato, apunta que se debería inicia-la tramitación do correspondente expediente sancionador.

Ameijide explicou que este técnico propuxo, no seu día, a implantación de GPS nos vehículos e “foi, grazas a este sistema, como detectou as anomalías en determinados vehículos”. Dacordo co seu informe se comprobou o 4 e o 5 de agosto de 2008 “in situ”, e demostrou con imaxes gráficas e acta notarial que estaban lavando colectores e recollendo lixo no termo municipal de Ribadeo con vehículos de uso exclusivo do servizo de recollida de lixo.

O voceiro popular criticou a actitude de “indiferencia e favoristimo dos socialistas, que miraron cara a outro lado pese ás recomendacións do funcionario evitando impoñer multas á firma pola utilización de medios municipais de forma fraudulenta” afirmando que “resulta sospeitosa a excesiva tolerancia con certas empresas que prestan servizo no Concello de Lugo”. “Por mor da indiferencia dos socialistas, dez anos despois, os lucenses poderíamos ter que pagar un 51% máis pola factura do mes de agosto xa que habería que sumar intereses atrasados aos 485.667,44€ iniciais. Esta é outra das múltiples herencias envelenadas que os gobernos socialistas deixan a Lugo empezando polo Garañón, a fábrica da luz…”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com