" />

86 novos positivos en coronavirus detectados nas últimas horas elevan a cifra de infeccións activas ata superar as 1200

86 positivos en coronavirus detectados ata as 18 horas do día de onte na nosa provincia. Unha cifra semellante ás de xornadas anteriores pero que non fai máis que elevar en gran medida as infeccións activas. 

En total son xa 1210 persoas as que nestes momentos presentan unha infección por coronavirus na provincia, 64 persoas máis que no día de onte. Asemade, mantense a presión asistencial con 7 persoas na UCI do HULA e baixa lixeiramente en planta cun total de 39 ingresados, catro menos que onte. 

Por hospitais, a planta de hospitalización do Hospital Lucus Augusticonta con 17 persoas ingresadas, dúas menos que onte, as mesmas que no Hospital da Mariña que tamén viu unha redución de ingresados covid en 2 persoas. No centro de Monforte non baixan os casos e mantense con cinco persoas en planta.

Doutra banda, hai lamentar dous novos falecementos na provincia que tiveron lugar na última semana pero Sanidade contabilizou no día de onte. Trátase de dous usuarios, un home de 87 anos e unha muller de 83 ambos da residencia San Bartolomou de Xove. A muller finaba o día 15 de xaneiro no propio centro de maiores e o home, o día 17, despois de ser trasladado ao Cegadi de Compostela. En total son xa 159 as persoas falecidas polo virus na nosa provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo