Lugonovo pide ao Concello explicacións sobre as obras da Fábrica da Luz e o pésimo estado do río Fervedoira en Galegos

O Grupo Municipal Lugonovo, a travesó do seu portavoz, Santiago Fernández Rocha, considera que o Concello de Lugo, debe ofrecer á cidadanía “toda a información relacionada coa execución das obras da Fábrica da Luz, tendo en conta a preocupación social que están a xerar ditas obras”.

Segundo declarou Fernández Rocha, “pensamos que non está suficientemente explicado que é o que se vai facer, cómo se levará a cabo nin canto poden durar as obras así como o impacto ecolóxico que terán. Tampouco sabemos cales son os motivos polos que non se iniciaron ata o de agora ou se hai algunha causa xustificada que as obrigue a executarse xusto neste momento cando é evidente que acometelas nesta época do ano encaréceas substancialmente ata o punto de duplicar o seu custo”. Sen poñer en dúbida a súa legalidade o voceiro da Lugonovo sínala que “cuestiona todo o procedemento, dende a propia concesión á empresa Inca ata o feito de que fora necesario incrementar o caudal de explotación de xeito proporcional ao prexuizo medioambiental que esto terá sobre o Miño”. Por iso, continúa  “entendemos que o goberno debe aportar luz, toda a claridade posible, co fin de rematar coas sospeitas que rodean esta causa e tranquilizar aos veciños”.

Asemade, Santiago Fernández Rocha denuncia o pésimo estado no que se atopa o río Fervedoira (Rato) e as súas beiras ao seu paso polo núcleo de Galegos, ” a  imaxe que ofrece a súa cunca dende o pasado mes de setembro, chea de maleza, dista moito dunha contorna acondicionada para o desfrute dos veciños que, cada día, ven como a vexetación invade a pasos axigantados o camiño que rodea as súas vivendas”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com