Lugonovo Lugonovo

Lugonovo denuncia a falta de recursos do IMELGA

Nun comunicado enviado aos medios comunicación, Lugonovo critica “a dobre vara de medir que amosa a Xunta de Galicia; por unha banda condanando a violencia de xénero reivindicando os dereitos das mulleres, e por outra non garantindo unha asistencia de calidade nos organismos xudiciais encargados deste tipo de casos”.

Segundo Lugonovo,”o propio persoal técnico do Equipo Psicosocial do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) en Lugo denuncia a inminente perda de efectivos na Subdirección Lugo, debido á finalización do contrato de nove meses co que se incorporou un equipo auxiliar o ano pasado para facer fronte á acumulación de traballo”. E continúa, “porén, esta redución no persoal acontece sen que se busque ningún tipo de solución alternativa para atallar o problema. Todo isto cando, segundo o persoal do IMELGA, a lista de espera nos procedementos de familia é de máis dun ano e nos de violencia de xénero, sendo prioritarios, de entre dous e tres meses”.

Na moción para a creación dun xulgado específico de violencia de xénero en Lugo aprobada no pasado Pleno Municipal, “que como non podía ser doutro xeito, Lugonovo votou a favor”, o propio grupo municipal plantexou unha emenda “in voce orientada á dotación de medios para os xulgados que están a asumir ese tipo de casos, que finalmente foi desbotada polo Bloque Nacionalista Galego, ao considerar que desvirtuaba dalgún xeito a súa proposta”. “Tristemente, dúas semanas despois de descartar esta engádega comezamos a ver os problemas que presenta o plantexamento de propostas ambiciosas sen establecer medidas provisionais para facer fronte aos problemas inmediatos”. Conclúe.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com