A Xunta invistiu 1,7 millóns de euros nas parcelarias que reordenan os terreos de 14 parroquias luguesas

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou esta mañá que o Goberno galego investiu máis de 1,7 millóns de euros ao longo do 2016 destinados aos procesos de reestruturación parcelaria activos na provincia de Lugo. Os traballos en execución benefician a 5.685 propietarios e supuxeron actuar sobre 9.621 hectáreas en catorce parroquias da provincia.

Balseiro explicou que o peche administrativo de todas as reestruturacións parcelarias abertas na nosa comunidade “é un compromiso do Goberno galego para os próximos catro anos”, segundo as liñas marcadas desde a Consellería do Medio Rural.

Dixo tamén que estes procesos “se están adaptando ao novo marco legal coa introdución dos plans de aproveitamento de cultivos e a adopción de medidas de protección do medio ambiente”. Inclúen tamén medidas para evitar o abandono das terras.

Estas declaracións efectuáronse no marco dunha visita ao municipio de Alfoz onde a Consellería do Medio Rural ten en marcha dous proxectos de concentración parcelaria que en conxunto afectan a oito parroquias do concello. O delegado territorial da Xunta, desprazouse hoxe ata a parroquia de Pereiro, onde se están desenvolvendo actualmente os traballos da rede de camiños secundarios e de accesos ás fincas. Durante a visita estivo acompañado polo alcalde do municipio, Jorge Val e por membros do grupo municipal popular.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com