Os Codex Cinema continúan unha semana máis apostando polo cinema de calidade e, sobre todo, polo talento local. Así, esta semana as salas de cinema independiente da cidade de Lugo achegan aos espectadores o filme Arima, rodada na provincia de Lugo, en Mondoñedo, baixo a dirección de Jaione Camborda.
A lucense Melania Cruz, premiada xa con dous Mestre Mateo polos seus traballos en Dhogs (Andrés Goteira, 2018) e Trote (Xacio Baño, 2018), compartirá mañá, venres 14 de febreiro, nos Codex a proxección da cinta Arima cos espectadores, facendo unha breve reflexión ao inicio da mesma. A proxección e presentación de man da actriz terán lugar a partir das 20.45 horas.
A maiores, os Codex estrean esta semana Sinónimos, de Nadav Lapid, gañadora do último festival de Berlín. Este festival é o máis importante do mundo xunto a Cannes e Venecia, e nestes dous festivais gañaron Parásitos e Joker, que veñen de triunfar nos Oscar, polo que Sinónimos pode ser outro éxito. A outra estrea da semana é O amor está na auga, filme do mestre da animación Masaaki Yuasa, unha fantástica historia de amor e surf para todos os públicos.
Asemade, como non podía ser doutra maneira, O que arde, de Oliver Laxe, seguirá na grella debido ao gran exito que está a ter entre o público, enchendo sesións e xa sobrepasa os 9.000 espectadores.
Post Views: 0