Deputados do BNG manifestan o seu apoio ao sector leiteiro

Os deputados do BNG na DeputacióN de Lugo, Antonio Veiga e Xosé Ferreiro, compareceron hoxe, acompañados do concelleiro do BNG en Castroverde e gandeiro Xosé Gómez para manifestar o seu apoio á mobilización do sector leiteiro que se levará a cabo este venres, 17 de xullo, en Santiago de Compostela.

Para o BNG “trátase dunha situación límite na que toda a sociedade ten que dar o seu apoio ao sector lácteo galego”. Xosé Ferreiro, deputado do BNG e concelleiro en Outeiro de Rei, sinalou que o prezo do leite que se está a pagar neste momento é o mesmo de fai 30 anos e cualificou de “chantaxe” o feito de que non se lles este a recoller o leite ás explotacións e acusou a unha parte da industría de ser “piratas económicos” que afogan e ameazan aos labregos deste país.

O BNG levará unha moción ao vindeiro pleno da Deputación de Lugo para que a corporación provincial inste aos gobernos da Xunta e do Estado a tomar medidas para garantir a pervinvencia deste sector. Antonio Veiga afirmou que “A situación do sector lácteo en Galiza a día de hoxe pódese cualificar de dramática. Após o inicio desta campaña, a primeira logo da desaparición das cotas lácteas e en que a produción fica totalmente liberalizada, a situación en Galicia estase volvendo absolutamente insostible para as explotacións”.

Pola súa banda o concelleiro do BNG en Castroverde, Xosé Gómez, sinalou que a actual baixada do prezo do leite “supón, somentes, para o concello de Becerreá unhas perdas de máis de 7 millóns de euros anuais”. Ademais indicou que concellos lucenses, como é o caso de A Pastoriza, teñen o maior número de cabezas de vacas de leite do estado español. Para o BNG “non é normal que se permita este ataque, por parte da industria, ao sector leiteiro galego cando o estado español importa gran parte do leite que se consume”.

Dende o BNG sinalaron que “levamos varios meses de caídas continuadas dos prezos en orixe que obrigan ás explotacións a vender o seu produto por debaixo dos custes de produción e afrontando importantes perdas. Esta situación deriva da nula capacidade de negociación para os e as gandeiras que se ven sometidas aos ditados das grandes multinacionais da industria que, como xa denunciou mesmo o Tribunal da Competencia, estabeleceron un complot para provocar esa baixada de prezos, sen que o Goberno mova un dedo para defender o sector ou protexelo ante esa situación”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com