Esta semana comezaron os traballos de reparación da cuberta do Pazo dos Deportes, unha actuación integral coa que se impermeabilizarán os 8.500 cadrados de superficie da cuberta cunha membrana de poliurea.
Este martes estanse a desenvolver as primeiras tarefas de limpeza dos paneis que conforman a envolvente e outros traballos previos á aplicación do polímero sintético.
As obras teñen un prazo de execución de catro meses e inclúen, ademais da reparación da superficie da cuberta, actuacións nos canlóns e baixantes para mellorar a evacuación da auga da chuvia. Ademais do inicio das obras na cuberta, nestes días comezou tamén a substitución das luminarias da explanada da entrada principal do Pazo e das pistas laterais exteriores por outras de tecnoloxía LED.