Lidia de la Fuente gaña o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia 2025

A escritora luguesa Lidia de la Fuente acadou coa obra O tesouro, o galardón da cuarta edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a infancia.
O premio dotado con 1.000 euros, comporta ademais a publicación  por Edicións Embora. A nova foi anunciada polos responsables da A Fundación Xosé Neira Vilas o pasado día dez deste mes.
O fallo destacou “a viveza dos diálogos, o uso intelixente dos recursos escénicos e o hábil emprego do humor” no texto. O xurado estivo composto polos membros do Padroado da Fundación Pilar Sampedro e Fernando Redondo, xunto co dramaturgo e académico da RAG Euloxio Ruibal.
A entrega do premio terá lugar o vindeiro domingo, día 18 de maio na sede da Fundación en Gres (Vila de Cruces). O acto contará cunha actuación do cantautor Armando González.

Lidia de la Fuente licenciouse pola USC en Humanidades e dedícase ao turismo cultural e á divulgación do patrimonio histórico e artístico do noso país. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com