A praza Maior acolle dende hoxe e ata o vindeiro sábado a Feira do Libro

A partir de hoxe e ata o vindeiro sabádo, a Praza Maior acolle un ano máis a Feira do Libro, na que 12 librarías ofrecerán as súas obras nas casetas habilitadas.

A Feira do Libro contará con postos de venta de El Faro de Los Tres Mundos, Libraría Pedreira, Galgo Azul, Libraría Cartabón, Muralla de Cómics, La Voz de la Verdad, Libraría Aguirre, Astora Cómics, Tótem Comics, Libraría Trama, Libraría Agrasar, Libraría Biblos e co Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Os postos estarán abertos en horario de mañá e tarde, de 11.30 a 14.00 horas e de 17.30 a 21.00 horas. Durante os 5 días, realizaranse preto de 30 actividades, incluíndo presentacións e sinaturas de libros, que se poden consultar na web da Federación de Librarías de Galiza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com