«Ferra-lo vento», un retrato en imaxes da cultura do cabalo e da vida gandeira no Xistral

O Pazo de San Marcos acolleu este mércores a presentación de Ferra-lo vento, un libro fotográfico de Adra Pallón que recolle a presenza do cabalo na cultura e no territorio, con especial atención á serra do Xistral.

A publicación reúne máis dun cento de fotografías organizadas en tres partes arredor da relación entre os animais, os gandeiros e gandeiras e a paisaxe. O traballo pretende documentar unha forma de vida vinculada á actividade gandeira no monte e a un patrimonio cultural que ten nas rapas e nas San Lucas algunhas das súas expresións máis coñecidas.

Na presentación participaron o fotógrafo Adra Pallón, a directora artística do libro, Belén Cordero, e a autora do texto final, Neves Neira, que explicaron o proceso de elaboración do volume, baseado en conversas coas persoas que traballan coas greas, visitas ao monte e investigación creativa e técnica.

Durante o acto tamén se puxo de relevo o papel do cabalo de pura raza galega na xestión do territorio, na conservación das tradicións rurais e na prevención dos incendios forestais, así como a súa relación coa actividade social e económica das feiras gandeiras.

A presentación rematou cunha homenaxe a Luciano García, da gandería Xan das Bouzas, falecido en xullo, que promoveu a baixada dos cabalos das San Lucas e participou na fundación de Puraga. A asociación tamén recibiu un recoñecemento coa entrega dun agasallo ao seu presidente, Miguel Ángel Pernas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com