O TSXG descarta que Impulsa Galicia estea sometida á lei de transparencia por estar participada pola Xunta

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou o recurso presentado pola Confederación Intersindical Galega (CIG) para acceder a documentación sobre o proxecto industrial de Altri, ao entender que Impulsa Galicia non está sometida ás obrigas da lei galega de transparencia.

A sentenza da sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo confirma así a decisión da Comisión da Transparencia de inadmitir a reclamación do sindicato, que solicitara información sobre o proceso de selección do proxecto, os acordos asinados entre ambas as entidades e as xestións realizadas pola promotora para colaborar na súa tramitación.

O tribunal fundamenta a súa decisión en que a participación da Xunta no capital de Impulsa Galicia é do 48,01 %, mentres que os seus dereitos de voto alcanzan o 50 %. Segundo a Sala, estas porcentaxes non permiten considerar que exista unha maioría ou un control efectivo da Administración autonómica sobre a sociedade, requisito necesario para sometela ás obrigas de transparencia previstas na normativa.

A resolución considera, polo tanto, que a documentación solicitada non ten a consideración de información pública para os efectos da lei de transparencia. A sentenza non é firme e pode ser recorrida en casación ante o Tribunal Supremo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com