O concello de Lugo ven de anunciar, por boca da concelleira Buíde que mañá luns “abrirá o prazo de matrícula nas Escolas Infantís Municipais xestionadas polo Concello de Lugo. Buide afirmou que a Concellería de Educación avanza no proceso tendo xa todo listo para abrir a matrícula de cara ao vindeiro curso”.
O Taboleiro de Anuncios das distintas escolas ten xa publicada a listaxe definitiva, e o prazo manterase aberto ata o 20 de xuño. A matrícula faise directamente nas escolas infantís para o que hai que aportar a documentación requirida. No caso de producirse renuncias de prazas, as prazas vacantes nas escolas ocuparanse coas solicitantes que figuren nunha lista de agarda que será a mesma para todas as escolas infantís, “elaborada por idades e sempre de acordo coa puntuación obtida no procedemento”.