A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a tres anos e dez meses de cárcere a unha muller por cometer un delito continuado de apropiación indebida agravada, ao retirar 163.000 euros da conta bancaria da súa tía, de 89 anos, sen o seu consentimento, entre xaneiro e marzo do 2022. Ademáis, deberá devolver o total da cantidade apropiada á prexudicada.
O tribunal explica que a vítima puxo como autorizada na súa conta bancari á investigada, coa que convivía. Esta, “con ánimo de lucro e sen coñecemento e consentimento da súa tía”, retirou “en beneficio propio” diferentes cantidades de cartos ata o importe total de 163.000 euros, “que supoñían a maior parte dos aforros” da denunciante. A Audiencia, como resultado da proba practicada, considera probado que a acusada foi quen sacou os cartos e que “non se destinaron a cubrir gastos ou necesidades da súa tía”.