Abertas as inscricións nas actividades de verán dos museos provinciais

Baixo o epígrafe “Cousas nosas”,  os catro museos da rede – Museo de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, San Paio de Narla e o Pazo de Tor- acollerán estas actividades orientadas a propiciar a creación e a convivencia e a divulgar e transmitir a cultura e a historia do país a través das coleccións e fondos dos museos

Campamentos, obradoiros creativos, contacontos, ioga, cinema inmersivo ou xadrez son algunhas das propostas destacadas desta axenda pensada para nenas e nenos, rapaces e rapazas de diferentes idades pero tamén con opcións para a participación interxeneracional.

A axenda de actividades pode consultarse na web comunidadermpl.com e nas redes sociais da propia Rede e dos catro museos. A maioría das actividades son con prazas limitadas polo que se require inscrición previa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com