Cando sucedeu o accidente sobre as 5:30h desta madrugada, a vítima estaba a traballar no servizo de recollida de lixo, na Rúa da Igrexa, en Ourol. Alí acudiu unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, quen deu a voz de alerta.
Sen embargo, nada puido facerse por este traballador, do que avanzaban quedou inconsciente tras a caída do camión da recollida do lixo.
Para apoiar as labores do equipo médico, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Ourol.