Reorganización do tráfico na zona centro tras a finalización das obras na rúa do Teatro e a Praza de Santo Domingo

O Concello de Lugo porá en marcha a partir desta tarde un novo plan de tráfico coa finalización das obras de peonalización na rúa do Teatro e a Praza de Santo Domingo.

As modificacións de tráfico entrarán en vigor a medida que se vaia avanzando na implementación desta nova ordenación, quedando totalmente instauradas a partir deste venres, 4 de xullo, a primeira hora da mañá, aínda que previsiblemente xa poidan estar operativas a medianoite de hoxe.

Co novo plan, permitirase o acceso dos vehículos dende a rúa do Teatro cara ao aparcadoiro Ánxel Fole, o aparcadoiro de Santo Domingo e a propia Praza de Santo Domingo. A circulación poderá continuar descendendo por diante do edificio de Cortés (entre as fachadas e o xardín central), para seguir á dereita cara á Praza de Abastos e retornar pola rúa Lois Peña Novo e Armañá, volvendo a subir de novo por diante de Cortés e saíndo pola rúa do Teatro en dirección á Ronda da Muralla.

Con esta nova configuración, a rúa Quiroga Ballesteros quedará libre de tráfico rodado, poñendo fin ao desvío provisional que se viña utilizando ata o de agora. Así mesmo, a rúa San Marcos manterase como espazo peonil, consolidando a eliminación do tráfico que xa estaba en vigor nesta vía.

As obras na contorna da Praza de Santo Domingo atópanse practicamente rematadas, pendentes unicamente de pequenas actuacións de corrección e da instalación de mobiliario urbano.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com