Os termómetros marcan por riba dos 39 graos no sur de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun episodio de nivel laranxa por altas temperaturas, que afectará, esencialmente, á parte sur da provincia de Lugo e aos concellos da contorna do Miño na provincia de Ourense.

Estas zonas experimentar unha calor intensa ata o punto que os termómetros poderán situarse por riba dos 39 graos.

Debido ás altas temperaturas que se agardan nas vindeiras horas, dende AEMET recomendan a importancia de seguir estas indicacións:

  • Bebe auga e/ou bebidas con electrólitos con frecuencia.
  • Evitar as horas centrais do día.
  • Elixir comidas lixeiras.
  • Reducir a actividade física.
  • Asegurarse de que os alimentos que se inxeren estean en bo estado.

Fotografía: Pixabay.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com