Morre unha muller na praia de Cobas en Viveiro logo de sufrir un esvaecemento na auga

As persoas que chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda aseguraban que a muller caeu na auga despois de sufrir un esvaecemento. Posteriormente, entrou en parada cardiorrespiratoria e, malia os intentos do equipo sanitario, nada puido facerse por salvarlle a vida.

Todo aconteceu sobre as catro desta tarde na Praia de Covas, en Viveiro. As primeiras comunicacións co 112 sinalaban a unha indisposición previa a caída da muller na auga. De feito, foi retirada á area polos propios bañistas sen que fose necesario o rescate.

Para este operativo, solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Viveiro e axentes da Policía Nacional.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com