CCOO acusa ao Goberno de Lugo de malgastar fondos públicos e privatizar servizos municipais de forma encuberta

Desde CCOO Lugo denunciamos con total rotundidade a política de externalizacións masivas, ineficaces e lesivas para o servizo público  que está a aplicar o Goberno municipal de Lugo, conformado polo PSOE e o BNG. A actual estratexia de contratacións externas está a triplicar o gasto nun mesmo servizo, mentres se ignora deliberadamente o persoal e os medios técnicos propios do Concello.

O Concello conta cunha brigada de obras municipal plenamente operativa, con profesionais cualificados e maquinaria propia para atender con solvencia as necesidades de mantemento urbano. A pesar diso, o Goberno local segue contratando empresas privadas para facer os mesmos traballos, camuflando esta duplicación de tarefas con nomes alternativos e discursos baleiros sobre supostas “brigadas rápidas”.

  • En marzo de 2024, o BNG asinou un contrato de 200.000 euroscunha empresa privada para tarefas xa cubertas pola brigada municipal.
  • Agora, o alcalde Miguel Fernández anuncia unha nova “brigada de intervención rápida”, tamén cunha empresa privada e con outro gasto de 200.000 euros, esta vez con cargo á Deputación.

CCOO considera esta política un insulto aos traballadores municipais, unha burla á cidadanía, e unha grave irresponsabilidade na xestión do diñeiro público. Mentres se sobrecarga e precariza ao persoal municipal, o Concello opta por privatizar de forma encubertaeludir a negociación colectiva e desmantelar o servizo público en beneficio de intereses alleos ao ben común.

Reclamamos que, se hai máis carga de traballo, se amplíe a plantilla municipal e se dote aos servizos públicos dos recursos necesarios, en lugar de despilfarrar fondos públicos en contratos innecesarios.

Ademais, resulta preocupante a falta de coherencia dalgúns membros do actual Goberno. A xefa de gabinete da Alcaldía, Olga Louzao, criticaba no pasado a desunión e a falta de proxecto común no executivo municipal. Hoxe, xa no poder, semella ter esquecido aquelas palabras, validando coa súa postura unha deriva política que ela mesma cualificaba de incoherente e sen rumbo.

Desde CCOO deixamos claro que non imos permitir este ataque ao público e tomaremos as medidas necesarias para defender os dereitos do persoal municipal e a correcta xestión dos recursos da veciñanza de Lugo.

A defensa do público non é un eslogan: é unha obriga.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com