Esta mañan tivo lugar un accidente na LU-546 ao seu paso polo Corgo, cando un camión de gando e un turismo colidiron e, como consecuencia do golpe, o primeiro vehículo envorcou e o condutor quedou atrapado.
Para poder liberalo, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Sarria, así como dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico.
Cómpre indicar que o camión adoita utilizarse para o transporte de gando, aínda que nesta ocasión ía baleiro.
En canto os bombeiros excarceraron o ferido, éste foi atendido polo equipo médico.