O Partido Popular ven de emitir un comunicado onde responde as declaracións do BNG nas que acusaba á Xunta de traballar contra Lugo ao non poñer diñeiro para as festas do San Froilán.
En dito comunicado os populares aseguran que, “unha vez o BNG tivo a ben facer o seu traballo a unha demanda da cidadanía que estivo bloqueada no Concello por Rubén Arroxo, para abrir os aparcadoiros dos institutos, axudando así a paliar as consecuencias da nefasta política de mobilidade do BNG en Lugo e como xa non poden seguir a mentir ao respecto do tema, agora retoman o do San Froilán, fuxindo da súa responsabilidade coma partido que se atopa no goberno da cidade dende 1999 e que ten competencias e cartos para facer unhas festas axeitadas á importancia dunha capital de provincia e axeitadas ao que representa, para Lugo e Galicia, o San Froilán”.
No comunicado aseveran que “Lugo non é unha vila pequena que precise de que outras administracións veñan a axudar económicamente aos que gobernan para que podan facer algo. O San Froilán 2023, segundo os datos da conta xeral de 2024 (a derradeira aprobada) sinalan que o BNG dispuxo de máis de un millón de euros (1.189.442 euros) para as festas”.
“O problema non son os cartos: O problema é que o BNG sabe facer pancartas e protestar nas rúas, pero non sabe xestionar unha cidade da importancia e da relevancia de Lugo, rematan os populares.