A Xunta de Galicia activou este xoves a alerta amarela por un novo episodio de calor, o terceiro neste verán.
A partir deste venres comezan a subir as temperaturas tanto máximas como mínimas no centro, sur e montaña de Lugo, só a Mariña se librará desta vaga de calor por mor das néboas costeiras que condicionaran o ascenso das temperaturas.
Durante a fin de semana as temperaturas continúaran en ascenso,chegando aos 37º en Lugo cidade.
Será a partir do luns cando comecen a descender as temperaturas que acadaran valores propios do mes de agosto.