A gala na que se recoñece os mellores profesionais do audivisual galego celebrarase por primeira vez en Lugo o 21 de marzo de 2026.
Coa celebración da XXIV Gala dos Premios Mestre Mateo que terá lugar no auditorio Fuxan Os Ventos, saldase unha débeda histórica do audiovisual galego con Lugo, a única das sete grandes cidades galegas que ata a data non acollera o gran evento do audiovisual galego, organizado pola Academia Galega do Audiovisual (AGA).
Na rolda de prensa ond ese anunciou a celebración dos Mestre Mateo, debullouse o calendario ata a celebración da Gala.
En outubro abrirase o prazao de presentación das candidaturas; a finais de xaneiro coñeceranse as obras e persoas finalistas; e, finalmente, entre febreiro e marzo anunciarase o premio de honra e celebrarase a xuntanza de finalistas.
Fotografía: Academia Galega do Audiovisual.