O San Froilán Miúdo 2025 contará este ano cunha completa programación para toda a familia, con actividades de rúa e na carpa do Seminario.
Un xurado composto por Marga Portomeñe, profesional do mundo das artes escénicas, actriz e representante de ASOLUA; Eduardo Rodríguez Ochoa, fotógrafo; e Iván Mouronte, deseñador gráfico e profesional do mundo da animación e da ilustración, escolleu o cartaz do San Froilán Miúdo 2025 entre máis dunha decena de propostas. O deseño gañador “Barracas” de Irene Huéscar Villapún, de 11 anos, que recibirá un premio de 300€ ‘Barracas’ entre máis dunha decena de propostas.

A carpa do San Froilán Miúdo, que se instalará no aparcadoiro do Seminario, contará con espectáculos como “Pocket Loop” da Compañía StopStoi, “Tranvía Nº12” de la Finestra, “Crunch 2” de Muu, “Humanus Comicus” de Mondo Costrini, “Gran Sonata” de Le Pluant, “De Vilatriste a Vilalegre” de Teatro ao cubo, “Historias para escagarriñarse” de Teatro Ghazafelhos, ou o tradicional “Festival Infantil de Cántigas e frores”. Todos os días ás 18.30h terá lugar unha actuación na carpa, mentres que os días 5, 6, 11 e 12 de outubro, os nenos e nenas poderán gozar de xogos de 11.30h a 14h e de 16h a 18h.
O ambiente festivo expandirase polas rúas do Recinto Histórico grazas aos espectáculos itinerantes: “Pilots” de La Finestra (Premio Fetén 2025 ao mellor espectáculo itinerante de rúa), “Circo Krasnovorak” de Troula, “Rum rum” e “Transhumancia”, ambos de Xip xap teatre. Outras actuacións de rúa, pensadas para o público familiar, animarán as tardes da semana durante as festas, ampliando así o abano de propostas lúdicas.
Post Views: 0