Os Codex Cinema estrean este venres, os filmes “MASPALOMAS” e “OS LAZOS QUE NOS UNEN”.
“MASPALOMAS”, película dirixida por José María Goenaga e Aitor Arregi, onde asinan un conmovedor e emotivo retrato do medo que mostra a comunidade LGBTI na súa vellez, nunha mirada aos anciás que volven ao armario.
Sinopse: Vicente, un home de máis de setenta anos abertamente homosexual, leva a vida que lle gusta en Maspalomas. Un accidente inesperado obrígao a reencontrarse coa fila a quen abandonara anos atrás e a ingresar nunha residencia. Entón decide agochar unha parte de si mesmo que pensaba resolta e “volve ao armario”. Neste entorno, reflexionará sobre a posibilidade de reconciliación cos demais, consigo mesmo.
A outra estrea da semana é “OS LAZOS QUE NOS UNEN”, película que retrata diversa dinámicas familiares contemporáneas, unha historia sensible sobre os lazos invisibles que nos unen máis aló do tempo e das palabras.
Sinopse: a película explora os retos das estruturas familiares da sociedade actual e aborda o cruce de camiños de Sandra, unha libreira extremadamente independente, e o seu veciño, un mozo arquitecto con dous fillos pequenos que acaba de perder a súa parella.