Na xornada de clausura da Semana de Cine de Lugo que terá lugar mañá sábado, ás 13,00 h., no Paseo do Cine de Lugo, renderase homenaxe a María Vázquez, actriz que descubrirá a súa placa neste paseo, e recibirá exemplares do libro “María Vázquez, de María a Matria”, de Manuel Curiel, Director da Semana.
Intervirán neste acto Manuel Antonio Fernández Piñeiro, Director provincial da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e Iria Castro, Deputada provincial de Cultura. Non participarán representantes do Concello de Lugo, en virtude da declaración de Loito oficial polo pasamento do Concelleiro Pablo Permuy, do grupo do Psdg-Psoe.
No descubrimeno da placa de María no Paseo do Cine vai intervir, representando ao Concello de Chantada, onde ela reside, o concelleiro Diego Otero Veiga. Os asistentes a este acto recibiràn gratuitamente cadanseu exemplar do libro-homenaxe.
Unha segunda placa vai ser descuberta na honra de Enrique Muiño, “o gaucho galego”, un grande do cine arxentino que naceu no concello coruñés de A Laracha, e foi homenaxeado na Semana XXXII, en 2010. Quinte anos despois, dentro da recuperaciòn para o Paseo dos homenaxeados anteriormente, incorpórase a Enrique Muiño ao Paseo do Cine de Lugo, que con estas dúas incorporacións alcanza un total de 15 placas: Antonio Mourelos, Prudencia Grifell, Luis Tosar, Carmen Correa, Luis Iglesia, Frank Braña, María Casares, Margarita Ledo, Irmáns Coira, Eduardo Fajardo, Baños Films, Melania Cruz, Ánxel Fole, María Vázquez e Enrigue Muíño.
Descubriran a placa de Enrique Muiño os representantes do Concello de A Laracha, membros do equipo de goberno, Ramón Martínez Barbeito e María Rocío López Rey.
Asemade, na sesión de clausura da Semana (Auditorio Gustavo Freire, 22,00 h.), vaise proceder á entrega dos premios do concurso de ESCAPARATES DE CINE, convocado polo Grupo Fonmiñá e Lugo Monumental con motivo da XLVII Semana de Cine.
Os tres premios instituidos están dotados con cadanseu trofeo. O primeiro será recibido pola empresa do Hotel Pazo de Orbán. O segundo premio é para Óptica Latorre. E o terceiro, para a Farmacia de La Cruz.
Na Biblioteca provincial estivo aberta durante todo o verán, a exposición de ata quince bosquexos do cartel da Semana de Cine, obra do lucense Primitivo Marcos. Varios destes bosquexos, doados polo autor, vanse sortear entre os asistentes á proxección de clausura, para o que se entregarán na entrada os correspondentes numeros que entrarán neste sorteo.´
Fonmiñá agradece a Prmitivo Marcos o seu minucioso traballo, e a doazón destes bosquexos que, sen dúbida, serán do maior interese para os cinefilos lucenses.