Codex Cinema no Festival de cine de San Sebastián

Estes días responsables dos Codex cinema acudiron ao SSIFF, para poder ver en primeira persoa as películas que se presentaban ao festival e deste xeito escoller algúns dos  filmes dos que se proxectarán esta vindeira tempada nas pantallas dos Codex.

Entre as moitas distribuidoras que presentaron filmes ao festival estaba Atalante a distribuidora do lucense Ramiro Ledo que presentaba varios filmes dos que distribúe en exclusiva. Un deles “Un.poeta” de Simón Mesa Soto foi galardoado co Premio Horizontes Latinos, converténdose na primeira película colombiana en obter este recoñecemento. Do mesmo xeito, obtivo un 8.38 (a segunda puntuación máis alta) dentro das votacións para o premio Dama da xuventude, composto por un xurado de 150 mozas e mozos entre 18 y 25 años.

A cinta, que obtivo o Premio do Xurado na sección “Un cerrtain Regard no Festival de Cannes, foi seleccionada para representar a Colombia nos Premios Oscar e Goya. Atalante estreará este filme en cines o 1 de abril de 2026.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com