Xosé Ramón Gómez Besteiro pregoeiro do San Froilán en Barcelona

Xosé Ramón Gómez Besteiro foi o convidado este ano a ler o  pregón do San Froilán de Nou Barris en Barcelona, ao acto acudiu tamén a alcaldesa de Burela e deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno.

O San Froilán de Nou Barris, a gran festa galega de Barcelona que cada ano reúne a centos de persoas. O secretario xeral do PSdeG e expresidente da deputación de Lugo  puxo en valor a unión entre Galicia e Barcelona e a forza da emigración galega en Cataluña. A continuación, López Moreno participou no izado das bandeiras galega e catalá, un símbolo que arroupou a banda de gaitas da ACG Rosalía de Castro de Cornellà interpretando os himnos de Galicia e Cataluña, nun dos momentos máis emotivos da xornada.

O San Froilán de Nou Barris continuará durante toda a fin de semana cun amplo programa cultural, musical e relixioso, no que a Deputación de Lugo estará presente apoiando á diáspora galega.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com