Reixtro Civil

O Xulgado de Lugo avala o peche do supermercado Family Cash de Abella por unha praga de roedores decretado pola Xunta

O Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Lugo rexeita admitir a trámite a solicitude de adopción da medida cautelar de permitir abrir un supermercado clausurado pola Xunta o pasado 14 de outubro, a cal foi interesada pola entidade Family Cash.

A maxistrada entende que, neste caso, non cabe a posibilidade de solicitar unha medida cautelar baseándose nos artigos 135 e 136.2 da Lei da Xurisdición Contencioso-administrativa, é dicir, con carácter previo á interposición do recurso sobre a suspensión provisional, e con carácter cautelar, das instalacións, actividades e servizos do establecemento.

No auto, a xuíza lembra que, segundo o artigo 136 da Lei da Xurisdición Contencioso-administrativa, só é viable solicitala nesta fase do procedemento por “inactividade” da administración ou cando realiza unha actuación fóra do seu ámbito de competencia.

Polo tanto, neste suposto, a maxistrada asegura que “non é factible entrar a avaliar a concorrencia dos presupostos relativos ás circunstancias de especial urxencia, perigo na demora e ponderación de intereses en conflito, tendo en conta que a pretensión, en si mesma considerada, é inadmisible”.

A titular do Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Lugo sinala na resolución que a adopción da medida por parte da Xunta “xustifícase en razón da praga activa de roedores e restos de excrementos por todas as zonas da tenda e cafetería e almacén, polo que pode dar lugar a unha situación de risco grave e inmediato para a saúde”, sinala, á vez que recalca que “é claro que, este suposto de clausura provisional das referidas instalacións, non ten encaixe en ningunha de normas procesuais analizadas” para admitir a trámite a medida cautelar demandada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com