O Presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, visitou a quinta edición da Feira L de Lugo, unha cita gastronómica que ten lugar no Pazo de Feiras e Congresos e que definiu como “fantástica”. “Para comer, Lugo, sen ningunha dúbida”, asegurou posteriormente na pulpada do PP de Lugo.
“Un pracer asistir hoxe á 5ª edición da Feira L de Lugo, un encontro que reúne o mellor da distribución, a hostalaría e a restauración. Un sector esencial que xera emprego, dinamiza a economía e promove o produto galego e a Galicia Calidade”, escribiu sobre esta visita nas súas redes sociais.
Post Views: 0