Os Codex Cinema estrean esta venres os filmes:
“Urchin” do director: Harris Dickinson.
Sinopse: Mike vive nas rúas de Londres; sen fogar, loita por sobrevivir atrapado por trastornos mentais e as adiccións. A súa vida é unha viaxe de caídas e redencións nunha cidade na que as segundas oportunidades non son moitas. Mike intenta aproveitalas e comezar de novo mais non resulta fácil.
“As cores do tempo”, filme francés dirixido por Cédric Klapisch.
Sinopse: no París de 2025, unha trintena de parentes son informados de que van herdar unha casa antiga e abandonada desde hai décadas, situada en Normandía. Ao faceren o inventario da casa van descubrindo antigüidades e curiosidades que os levan a coñecer a historia dunha antepasada, Adèle, que deixou a súa Normandía natal aos vinte anos para viaxar a París a finais do século XIX, en plena revolución industrial e cultural, cando se inventaba a fotografía e nacía o Impresionismo.




