CEL e AEAT Lugo organizan unha sesión informativa sobre o sistema Verifactu

A Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) de Lugo e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organizan en Lugo unha sesión divulgativa sobre as novidades normativas en materia de Sistemas Informáticos de Facturación e o sistema VERI*FACTU, así como as novas posibilidades de subministro de información transaccional para PEMES e autónomos.

A sesión, que será aberta pola subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López e  polo secretario xeral da CEL, Jaime López, e contará coas aportacións de María Elena Rosendo Vázquez, delegada da AEAT en Lugo e Iván Gil Vázquez, técnico de Facenda na delegación da AEAT en Lugo. A sesión pecharase cun turno para preguntas e resolución de dúbidas.

A xornada terá lugar nas instalacións da sede central da CEL (Pza. de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta) a partir das 12:30 horas, cunha duración aproximada de hora e media.

Info e inscripcións

O acceso será libre e de balde previa reserva de praza na páxina web da CEL, www.cel.es, ou chamando ao 982 23 11 50.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com