O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a concelleira de Muller, Igualdade e Inclusión, Ángeles Novo, presentaron hoxe o programa municipal do 25N, unha ampla proposta de actividades culturais, divulgativas e sociais que se desenvolverán entre o 24 de novembro e o 1 de decembro para visibilizar, sensibilizar e implicar á sociedade na loita contra a violencia machista.
O Concello anunciou que porá en marcha unha campaña municipal que se desenvolverá do 24 de novembro ao 1 de decembro, coa instalación de paneis con mensaxes contra a violencia machista nas portas da Muralla, así como unha instalación conmemorativa no balcón do Concello.
Un dos actos principais será a exposición “29 Miradas”, un proxecto artístico colectivo en defensa das mulleres afgás. Máis de 70 profesionais da fotografía, xornalismo, literatura, cinema, socioloxía e deporte colaboran nunha mostra que inclúe 32 imaxes recreadas en diversos puntos de España acompañadas de textos de autoría destacada.
Esta mostra complétase con documentos e testemuños de mulleres afgás refuxiadas, como Khadija Amin ou Nilofar Ayoubi, xunto con traballos do reporteiro Antonio Pampliega e a participación da deportista Sandra Sánchez. Ademais, nas ludotecas Maruja Mallo e A Milagrosa, nenos e nenas de 6 a 11 anos participarán en obradoiros de educación en igualdade que promove o diálogo, o respecto e o pensamento crítico a través da expresión creativa.
Pola súa banda, o Foro polo Día Internacional contra a Violencia ás Mulleres, retransmitido pola Voz de Galicia, reunirá o 24 de novembro no Impuslo Verde a profesionais de referencia como Sandra María Piñeiro Vilas, presidenta da Audiencia Provincial, así como asesoras e psicólogas dos CIM de Lugo e Sarria e Persoal especializado en violencia de xénero da Policía Nacional (UFAM). No coloquio se epoñerán disitntos retos de futuro na loita contra esta lacra social.
Ademais, o acto central celebrarase o 25 de novembrona Praza de Santo Domingo as 13 horas e contará coa lectura do manifesto por parte de Karla Andreina Bohorquez Henriquez, usuaria da Casa da Muller, e coa actuación musical de Branca Villares. De xeito complementario se programa para ese mesmo día unha seire de actividades de sensibilización co tecido social. Deste xeito, en colaboración coa Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, repartiranse abanicos morados como símbolo colectivo de rexeitamento á violencia machista a a partir das 13.30 horas en Santo Domingo.
Así memso o Vello Cárcere, acollerá ás 18 horas a montaxe “Mulleres contra a violencia. Susurrando, falando, berrando, Soando”, organizado pola Asociación Corazóns Artesáns, con estampa de camisetas, poesía, cantigas dirixidas por Blanca Villar, e a estrea da cantiga Torna e torna e torna, un chamamento ao coidado propio e colectivo. Novo concluíu a súa inetrvención destacando que este tipo de actividades imnpulsadas desde a súa Área “pretenden mobilizar a sociedade lucense e reforza a unidade institucional amosando un claro e decidido compromiso pola igualdade e na defensa dos dereitos das mulleres”.



