Muralla Lugo Muralla Lugo

Espectáculos abertos e gratuítos cos que celebrar o 25 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Co obxectivo de que a maxia e a ilusión tiveran un papel protagonista na celebración do 25 aniversrio da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade, o Concello de Lugo levará un espectáculo de ilusionismo a algunhas das portas do monumento, con pases íntimos, sorprendentes, visuais e, por suposto, abertos e gratuítos para todos os públicos.

Os encargados de traer este espectáculo son o mago Rafa e a ilusionista Lore Lavand, que abren o sábado na Praza do Ferrol o seu “Baúl da Maxia”, unha experiencia deseñada específicamente para sorprender a pequenos grupos de espectadores nesta caravana transformada en teatro, para ofrecer un espectáculo único, pero tamén celebrar, a través do ilusionismo, os 25 anos de distinción da Muralla como Patrimonio da Humanidade.

Programa e pases

Este sábado e domingo, días 22 e 23, o Baúl da Maxia estará na contorna da Praza do Ferrol, con catro pases cada media hora, desde as 12.00 ata as 13.30 en horario de mañá, a cargo de Lore Lavand, e con seis sesións á tarde do mago Rafa, entre as 17.00 e as 19.30 horas.

Para o seguinte fin de semana, os horarios deste espectáculo máxico variarán lixeramente para non solaparse con outras actividades contempladas na programación deseñada desde a área de Alcaldía do Concello de Lugo.

Así, o Baúl da Maxia estará na porta de Campo Castelo o sábado 29, para ofrecer catro pases de Lore Lavand desde as 12.00 ás 13.30, e outros catro do mago Rafa, das 17.00 ás 18.30 horas. O día 30, mantense a localización, pero as pases da mañá serán a cargo do mago Rafa, entres as 11.30 e as 13.00 horas, mentres que Lore Lavand fará o propio pola tarde con catro pases das 17.00 ás 18.30 horas.

Localizacións e horarios
Praza do Ferrol. Día 22 (sábado)
Lore Lavand
12:00, 12:30, 13:00 e 13:30
Mago Rafa
17:00, 17:30, 18:00, 18:30, 19:00 e 19:30

Praza do Ferrol. Día 23 (domingo)
Mago Rafa
12:00, 12:30, 13:00 e 13:30
Lore Lavand
17:00, 17:30, 18:00,18:30, 19:00 e 19:30

Porta de Campo Castelo. Día 29 (sábado)
Lore Lavand
12:00, 12:30, 13:00 e 13:30
Mago Rafa
17:00, 17:30, 18:00 e 18:30

Porta de Campo Castelo. Día 30 (domingo)
Mago Rafa
11:30, 12:00, 12:30 e 13:00
Lore Lavand
17:00, 17:30, 18:00 e 18:30

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com