Contra as 8:10 horas, un particular que se atopaba no punto informou ao 112 Galicia dunha colisión frontal entre dous coches á altura do quilómetro 1 da N-540, na parroquia lucense de Orbazai. Máis tarde, a Garda Civil de Tráfico confirmou que no accidente houbo dous turismos e un camión implicados.
Xa naquel momento, os alertadores explicaron que o accidente semellaba grave e que podía haber persoas atrapadas no interior dos vehículos.
De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico e Bombeiros e Policía Local de Lugo.
Pola súa banda, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do condutor dun dos coches. Outras dúas persoas foron evacuadas en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).




