Os cines Codex estrean este venres os filmes “Valor Sentimental” e “Golpes”
“Valor sentimental”, dirixida por Joachim Trier acadou o “Gran Premio del Jurado” no Festival de Cannes 2025.
Sinopse: cando as irmás Nora e Agnes afrontan o dó pola perda da nai, o seu pai, un cineasta recoñecido no ámbito profesional pero ausente na familia, regresa inesperadamente ás súas vidas para ofrecerlle a Nora un papel protagonista na súa próxima película. Aínda que ela rexéitao con rotundidade, Gustav decide seguir adiante e utilizar a casa familiar como escenario para a rodaxe. Isto reaviva as tensións entre eles, especialmente a partir da chegada dunha actriz de Hollywood que asume o papel rexeitado. O vínculo entre as irmás convértese no maior refuxio fronte as feridas do pasado.
A outra estrea da semana é o novo filme de Rafael Cobos, interpretado por Luís Tosar “Golpes”
Sinopse: Migueli é un delincuente que sae da prisión na España de principios dos anos oitenta. Quere mirar cara o futuro pero primeiro terá que curar feridas do pasado, para o cal precisa cartos, así que decide reunir á súa antiga banda e obtelos cometendo varios roubos. Non o terá fácil pois o seu irmán, Sabino, é policía, coñéceo ben a el e os seus métodos.




