O xa expresidente da Deputación de Lugo José Tomé, dimitiu hoxe do seu cargo como máximo responsable da institución provincial e, tamén dimitirá como secretario provincial do Psoe así como dos demais cargos no partido, pero continuará como alcalde de Monforte e como deputado provincial.
Comunicado do PP da provincia de Lugo
O Partido Popular enviou un comunicado no que subliña: “diante da información que se deu a coñecer no programa ‘Código 10’, de Cuatro, sobre as denuncias por presunto acoso sexual por parte do secretario xeral do PSOE lucense, presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte, José Tomé, a través da canle interna do PSOE; os populares de Lugo, trasladan o seu máximo respecto e apoio a tódalas mulleres e, particularmente, ás presuntas vítimas que teñen denunciado estes feitos reprochables. O comunicado continúa esixindo a José Tomé explicacións inmediatas, claras e transparentes, sobre os incidentes relacionados con casos de presunto acoso sexual a compañeiras de partido denunciadas a través das canles internas do PSOE”.
Esixe, igualmente, que “os responsables socialistas que, supostamente, eran coñecedores das denuncias internas, dean tamén explicacións sobre os feitos e sobre a súa presunta inacción ante o coñecemento das denuncias por acoso sexual”.E agarda, asemade que o BNG axude a esclarecer os feitos.
Reacción de Esquerda Unida
A responsable Institucional en EU, Chus Rodríguez, declarou pola súa banda, amosa a máis “absoluta indignación porque, unha vez máis, as canles internas do PSOE semellan non ter funcionado”, despois de que as mulleres denunciantes se queixaran que esta situación víñase prolongando desde hai tempo, mentres os responsables do PSG eran coñecedores das mesmas”. Esquerda Unida pide a dimisión de todos os cargos do Psoe que foran coñecedoras dos feitos e non os denunciaran.




