Os feitos ocorreron pasadas as 16:40 horas desta tarde, e foi un particular quen alertou aos xestores do 112 Galicia de que un home sufrira un accidente nun monte situado en Viloudriz, na parroquia de Refoxo (Sober).
Os Bombeiros de Monforte chegaron rapidamente ao lugar e liberaron ao ferido levantando a árbore, tralo que foi evacuado ao hospital nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Tamén se informou á Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Sober.






