A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolve a un home acusado de agredir sexualmente a un menor de dezaseis anos, ao que coñeceu nunha aplicación de citas.
O investigado e o denunciante mantiveron varios encontros de carácter sexual tras manter conversas a través do móbil, logo de coñecérense nunha aplicación de citas na que o menor facía constar no seu perfil que tiña 18 anos, segundo recolle a sentenza. O tribunal indica que “non pode concluír que o acusado coñecese a idade exacta do menor nin que puidese albergar dúbidas sobre a mesma”. E, en calquera caso, explican que non hai indicios de que “este puidese supoñer que o neno non cumpría coa idade límite do tipo penal, isto é, dezaseis anos”. Por ese motivo, procede á absolución do acusado.
A sentenza non é firme, xa que é recorrible ante o TSXG.
Post Views: 0